Callou, por fin, o esquema de Gagarin. Co posicionamento dos xogadores, coas súas instruccións e características. O resultado foi unha xornada espectacular, como non se lembraba outra. Se é que a houbera, claro.
LPUShakhtar - Pollo. Tras o pau da derrota fronte ao Torpedo, o Shakhtar recibía ao campión da Superkopa coa necesidade de gañar para seguir enganchado á liga. Primeiro tempo lento, con máis chegadas do Shakhtar e posesións interminables dos irrecoñecibles amarelos. No segundo tempo, a cousa cambiou. Gallas foi expulsado con cartón vermello directo na única entrada do Shakhtar no partido. Faltas fixo algunha máis. Gagarin sacrificou a Toulalan e retrasou a Stankovic e tamén a Arshavin, que pasou da punta á banda esquerda deixando só a Llorente arriba. Os motivos eran claros; sacrificar un chisco abaixo e un chisco arriba con tal de deixar aos mellores xogadores no campo. O empate non abondaba, cerníase a derrota. Non en van, o Pollo comezou a ter posesións máis curtas e a xerar algo de perigo. O Shakhtar concentrouse no envite. Stankovic cedeu a Nedved, excelente conducción do checo, descarga á dereita, combinación algo afortunada e pase a Llorente, que remata con determinación, forte, raso, cruzado; non moi colocado, pero abondo. Salta o Durruti. Único achegamento do Shakhtar no segundo tempo, no que notou a inferioridade malia tentar xogar con criterio. As chegadas do Pollo non son continuas, pero si levan algo de perigo. Ningunha, abofé, como a última. Os rusistas xa non son quen de impedir a apertura a banda cara Di Stéfano. Que ve a Zlatan gañando ao seu par na entrada da área pequena e serve para o remate do sueco. Valente saída aos pés de Zubizarreta, convertido en heroe no último suspiro ao salvar a vitoria rexeitando o mellorable remate. Trunfo de fe, con fortuna. 1-0. Algo de xustiza para o Shakhtar, atracado salvaxemente polo Torpedo na xornada anterior. Non para o Pollo.
O resto resúmese rápido. Xogo entre bo e moi bo e excelentes vitorias. Exhibicións de Alexis, que fixo un hat-trick inesperado; Llorente, que fixo outro; e Arshavin, outro máis, e que foi tamén o mellor en conxunto, con algún golazo espectacular. Todo o mundo fixo o seu hat-trick menos Larsson, claro. Stankovic levou a ovación da noite cun gol estratosférico en xogada individual: colleu o balón na posición do 10, regateou cara fóra, avanzou, driblou a lateral e central sobre a liña que delimita o borde dereito da área, dirixiuse a porta, un último quebro á cobertura cara a frontal e xiro de cadeira para enviar un lóstrego á escadra contraria. Todo a modo, claro, que é Stankovic.
Asalta 1-5 Shakhtar
Shakhtar 4-0 Babudos
KKAsalta 0-2 Shakhtar
Shakhtar 4-1 Asalta
O RESTOPolo resto, non moi boa xornada. O Torpedo estivo titubeante en LPU, onde desperdiciou a vantaxe, pero mantén opcións. A súa derrota contra Asaltacunas foi o máis destacado. Na KK, en troques, eliminou a Ordem e Babudos e xa está en semifinais, co Shakhtar.
O Asalta, irregular. Boas e malas actuacións en LPU, pero mantén boas opcións.
O Ordem, non moi fino, caeu na KK.
O Babudos tampouco estivo ben. Tamén caeu na KK.
O Rif levanta cabeza. Vitorias convincentes sobre Babudos e Asalta e toda a liga para recuperarse.
O Pollo estreouse. Ben e mal.
Así está a cousa, coa LPU, de novo moi desputada, entre Shakhtar, Torpedo, Asalta e Túzaros:

KPTocante á KP, este correspondente ignora o que pasou, pero opina que quizais os equipos a esqueceron no fragor dos combates. Ou é que realmente non se podía xogar nada dela? Raro sería.
.