Rematou a T19. Poden consultar
datos finais aquí. No máis relevante do que faltaba por decidir: Voller gañou o Shevsebio; Barnes, Boniek e Larsson compartiron o Dzajic; Frey mandou no Given, e foi o único que gañou con claridade nunha categoría; o Primitivo foi para o xa mítico Heitinga; o AT acadouno Rooney, o único premiado que deixa a WIFA momentaneamente. Os máximos pasadores no total da tempada foron Brian Laudrup, Boniek, Cesc e Larsson, con 7; ningún deles acadara nunca tal distinción. O máximo goleador, de novo un inédito: Eto'o, con 18 dianas. Esta categoría ten dúas peculiaridades: nunca houbo empate, só tivo un gañador por tempada. E Shevchenko segue a ser o único que repetiu, en 5 ocasións. Os outros gañadores: Weah, Torres, Adriano, Koller, Berbatov, Mutu, Romario, Eusebio, Cantona, Stoichkov, Bican, Voller, Arshavin, Eto'o. Moitísimo carisma, sen dúbida. Estamos a esgotar as balas. Alguén máis repetirá pronto... ou será o ano de Zlatan, máximo goleador de todos os tempos? Falando do chaval da peca: xa anotara o gol 6000 da WIFA, a pase de Miccoli. Agora anotou tamén o 7000, esta vez pola súa conta. Foi o 2-2 contra o MAG (3-3 final).
Lembren que poden consultarlle a Marko clasificacións históricas e movidas que se lles ocorran, e igual teñen sorte.
T20Comezou a T20. River e Shakhtar están en cuartos de final, mentres Ordem e Babudos foron derivados á repesca, onde esperan alimentar a súa lenda. River e Shakhtar, tamén, comezaron de novo fortes na LPU, igual que o MAG. Platini, Larsson, Bergkamp e Bozsik foron os destacados individuais ata agora. Partidos maiormente duros, emocionantes e desputados, e algunhas accións de mérito.
Platini xa leva atraso no cumprimento dunha lesión, o mesmo que Juan Mata.
Ningún comentario:
Publicar un comentario