luns, 21 de setembro de 2009

WE DID!

Dream is true (not for c. ronaldo). Scotland+toldo derrotou á supostamente todo poderosa inglaterra+cr, nun partido que máis alá de resolver unha guerra mundial, valeu para que os escoceses lles demostrasen aos ingleses que nunca poderán con eles.
 
Playa do matadero ateigada de siareiros eskoceses e ingleses. Peleas antes do partido. Centos de bengalas. Berros constantes dos siareiros. E o mundo, paralizado fronte aos seus televisores e transistores, respectivamente. Uns temendo unha nova orden mundial de liberdade, convencidos da victoria das forzas capitalistas sobre os paletos escoceses. Os outros, soñando cun mundo mellor e libre mentres ollan ao recuncho húmido das súas habitacións, a sabendas de que tiñan poucas opcións de logralo. O grande, é difícil.
I entón o balón comezou a rodar, e os corazóns a palpitar.
Ambos equipos saen ao campo de tú a tú. Sen respeto e con loita. Os eskoceses valentes e os ingleses non confiados. A primeira arritmia chega na área escocesa. Centro inglés dende á dereita e remate no borde da área pekena. Algún xa agachara a cabeza ao norte de edimburgo, cando aparece o corpo de "no me petas el cacas" Toldo para despexar. O balón queda flotando no ar e uns 32 transistores son apagados en Falkirk nese momento, como o que non quere saber. Toldo, no medio do silencio, faise coa pelota. Primeiro ruxido do público celta.
Con tremenda igualdade segue a transcorrer o primeiro tempo. A tartan army está a plantar cara. E entón algo sucede, de pronto, e a grada eskocesa tolea. Os partisanos do norte comezan a berrar ao unísono: Scotland! Scotland!¨ Córner.
Sae o balón dos pés do capitan do Clash, Barry Ferguson, i entón, entón chega o momento épico. Segundo se achega o balón á area pequena un obxecto azul marino voa en prancha cara o balón. É o gol máis mítico e emblemático que un eskoces lle pode meter a inglaterra. Finalmente chega o contacto co balón que sae coma un fusil cara o marco. Ao longueiro! Ouuuhhh! escoitase na grada. Sin tempo de coller aire, o rechace cae sobre outro escoces, que cabecea de novo coa testa fortemente. Ao longueiro!! Os escoceses non acreditan. A defensa inglesas conxura o perigo cunha patada forte e os hinchas ingleses repiran aliviados.
Chega o descanso con máxima igualdade, algunhas ocasións para cada equipo e os dous "woodworks" inverisímiles dos azuis.
Na segunda parte, todo vai mudar.
Inglaterra lánzase a pola victoria e encerra a Escocia no seu campo. Os escoceses deféndense como poden, basándose nos apoios e nas coberturas; é dicir, tentando ter máis xogadores que o rival en cada balón desputado. Pero os ingleses son veloces e empezan a crear numerosas ocasións. Inglaterra ataca con todo e con moito perigo. Escocia defendese como gato panza arriba e non da comodidades ao ataque inglés. Alba consigue facer algunha contra, pero pouco perigosa. A cuestión é sair do asedio e chegar á prorroga. Toldo, asubíos preto dos paos, robos de balón no último intre, ... Inglaterra achucha. Os aguerridos escoceses conseguen loitar pola súa portería e o árbitro pita o final dos 90 minutos. Unha celebración na metade escocesa do estadio.
Na prórroga iban tentar cambiar o ritmo do partido. Nada máis lonxe da realidade.
Cristiano Ronaldo está achicado, e os escoceses o para unha e outra vez apoiándose para presionalo. Ao xogador do túzaros, culpable da guerra, estalle quedando grande o partido máis antigo da historia do fútbol internacional. Inglaterra segue a dominar na prórroga e os escoceses vanse metendo atrás, esperando unha contra milagrosa. Según pasan os minutos, a contra semella máis dificil, ao tempo que a probabilidade xoga na súa contra. Inglaterra segur acumulando ocasións. Tempo semellante ao segundo tempo. E chega o minuto 120. Derradeiro minuto e córner para Inglaterra. O balón vai cara a área pequena. E aparece o ser máis odiado nas Shetlands. Cristiano Ronaldo elévase, despois de un partido nefasto, completamente só no borde da área pequena para cabecear o gol que sería máis noxento da historia do fútbol e en consecuencia o que máis disfrutaría él. A súa testa contacta forte co balón. Iso vaise colar na rede. E entón, coa forza de todo un pobo, dos valles e montañas, coa forza das mareas a da gaita, un eskoces anónimo, é dicir, Alba érguese con forza para deter co peito o gol cantado do enimigo da liberdade. Escocia despexa con forza o balón. Final.
Os escoceses celebran tolos a chegada aos penaltis despois de tanto sufrir e desa derradeira ocasión. England 0 - Alba 0.
 
Os penaltis
Alba tira primeiro.
Gol de Escocia.
Lampard lanza. Toldo adiviña o sitio mais non é quen de deter o forte disparo. 1-1.
Escocia tira ao medio e o porteiro inglés sabe esperar. Escocia falla e todos nas súas casas xa cheira o fedor da pobreza, esclavitude e derrota.
Inglaterra non perdoa, ainda que Toldo volta adiviñar o lado, máis se estira moi arriba. 2-1.
Escocia, baixo presión, marca o terceiro penalty. Toldo volta a adiviñar o sitio, perfectamente. Máis os ingleses teñen calidade para tirar penaltis e colocan o 3-2. Adiviñar dúas penas e non parar ningunha desmoraliza a calquera. Pero non aos escoceses e tampouco a un italiano.
Coa máxima presión, a selección de Alba logra poñer o empate, cun penalty lanzado de máis. Aos escoceses lles queda un tiro. Aos ingleses o de Beckham e o de Cristiano Ronaldo. Vai lanzar Beckham. Os siareiros os eskoceses fan tremer os cimentos do estadio cos seus asubíos. Toldo conxurase para deter o balón. Beckham corre e lanza... Fóra!!! Yeeeeaaaaaaahhhhh!!!! A grada tolea. Hai caída e e brechas sangrantes nas cabezas da tartan army. Pero non importa. Inglaterra fallou.
Alba conxúrase para non perder a oportunidade. Despois de facer o traballo, ves cando tes todo perdido e te das conta do que valía. E de súpeto volves depender de ti mesmo, e a mentalidade cambia. Lanza Alba e se adianta.
Lanza Cristiano Ronaldo. Se o portugués falla... Non hai palabras para describir que pasaría se o portugués falla o penalty decisivo ante toldo. Por unha vez, o de Madeira, fai algo ben no partido e sálvase momentáneamente das brasas transformando e deixando todo coma no minuto cero. Ao fallo.
Malditos benedictos! Malditos Benedictos! Os fillos de puta construiron unha abadía, entorno á cal, naceu a cidade de Dunfermline, na cal naceu Scott Brown, que se achega ao balón e lanza por riba do longueiro. En Escocia xa hai xente chorando, cando Owen se achega ao balón para decapitar o orgullo celta, obreiro e anarkista. O soño acabou. Pero Toldo tiña algo máis que dicir. O orgullo de Toldo e a súa defensa foi o que provocara a Guerra Mundial e só iso a podía deter. Él tiña máis que dicir que ninguén. Por unha vez, en toda a tanda Toldo arrisca (non coma os maricons que se deixan petar o cú), e lánzase abaixo, e á súa dereita. Alí, no medio do barro da área, encóntrase cun espectro que muda vidas e se chama balón. Yeeeeeeaaahhhhh!!!!!! Canta enerxía nun só intre. Se o Big Bang tivera estourado en ledicia en non en partículas tería liberado menos ledicia que este momento. Alba enteira tolea. O liberdade ainda é posible para o pobo escocés e mundial. Ainda se pode derrotar a Inglaterra.
Gary Caldwell, segundo capitán, sabe que agora non pode fallar, ou sería a morte. E non falla.
Se Inglaterra falla, será derrotada por Escocia nun dos partidos máis históricos da historia do fútbol e da WIFA, senón o que máis.
 
England shoots...
Unbeliavable!! Alba defeats England!!!!!! Scotland wins!!! Anarchy and freedom!!
 
 
Ás veces os soños cúmprense. Este soño é verdade. Sentimolo por cr e viqui, o túzaros e inglaterra, os benedictos e os capitalistas, por teren sido xustamente humillados. Os probes vencen ao fascismo. E o mellor día da historia do fútbol, e por extensión da humanidade.
Gora e Forza Free Scotland!!
 
Scotland! Scotland! Scotland! Scotland! Scotland! .... E así seguiron toda a noite en todo o mundo.
 
Parabéns aos pobos do mundo.

8 comentarios:

hey! eu ainda sigo! dixo...

Scotland!! Scotland!!!

getxo dixo...

Joer, canta emotividade!

E eu non vin o partido...

Non vin o partido...

chorboneno dixo...

Scooterland!! Scoooterland!!

asi de claro dixo...

para dos comentarios de mierda así, no me vuelvo a currar una noticia. que os den por culo!

asi de claro dos dixo...

pero eso comentarios se agradecen.























































































que os den por culo!

otro asi de claro dixo...

Para un agradecimiento asi no me vuelvo a currar un comentario.
Pero se agradece la noticia

asi de claro tres dixo...

para que se agradezca así el agradecimiento del comentario de una noticia mal comentada, no vuelvo a agradecer un comentario mal comentado de una noticia tan currada para que luego no me agradezcan el agradecimiento aunque me reconozcan que la noticia se agradece.













que os den por culo!

um celtinha dixo...

snif, snif

emocionei-me