xoves, 3 de setembro de 2009

Alan Moore advirte á OTAN

"Se a OTAN intervén, será a fin da OTAN"

Igor Czalic, enviado especial a Montreal

O máximo feiticeiro do anarquismo mundial, director deportivo do Shakhtar de Montreal afirmou que "para calquera pailán é obvio que a OTAN buscaba calquera excusa para entrar en calquera territorio LPU polo seu interese económico e xeoestratéxico. Mantivémonos á marxe do conflito por respecto aos contendentes, a pesar de que desde o bando capitalista tentaron vilmente pringarnos no asunto. Pero unha intervención otánica nun conflito que está en vías de solución polo camiño natural -o fútbol- non será tolerada nin perdoada. Non só frearemos á OTAN. Perseguirémolos alá onde vaian e, se é preciso, instauraremos unha nova orde mundial. Sabemos que contamos con xentes de Sierra Maestra e Zagreb no noso bando e é moi probable que axiña se unan Xinzo e Monte Alto. E, moito ollo: pode que tamén Malmö e Chaoui. Pola nosa banda, non descarto descolgar o pote dos esconxuros. Convocarei a Promethea, á sucesora de V, ao home invisible da liga dos homes extraordinarios -olliño con este, que nunca ten embolias- e seguramente ao Nemo da mesma serie. E pode aparecer Sinestesia, de Top Ten. Ademais non descarto convocar seres doutros colegas como Midnighter. Escocia non se toca. Estamos dispostos incluso a mobilizar a Jan Koller".

Ergan a vista ao ceo. Un portal dimensional podería abrirse en calquera momento.
.

19 comentarios:

duque dixo...

joder, que ha pasado estos dias.
ahora ya se a quien servian los viejos detenidos estos dias en orense con la mayor plantacion de marihuana de Galicia.

Tíos, haceroslo mirar, pero seguir, que es divertido

duque dixo...

por cierto, si os sobra algo, llevarlo mañana a la reunion de la wifa

DIEGO dixo...

Esto se complica. Yo creo que ya solo una intervención del PRESI o el Dios Pollo puede salvarnos de la tercera guerra mundial.

un lector de cómics dixo...

Eu creo que Park Ji Sung, subido á Park-8, podería sacarnos desta como un lóstrego.

Park Ji Sung dixo...

No existen grandes diferencias a nivel atómico entre un humano vivo y uno muerto. Y mucho menos entre un inglés y un escocés. No veo por qué tendría que intervenir en vuestro pequeño conflicto

o mesmo lector de comics dixo...

Porque nos tebeos o amañas todo.

tonto dixo...

Park é Coreano (do Sul) joga, no Canadá e escreve em castelhano. Deve falar Braille!

un informado dixo...

Ostrás, este tipo non se enterou de que Park leva ano e medio en Reiquiabic (Londres).

tonto dixo...

nom ves que som parvo?

ademais para o caso é o mesmo.

o que fai os comunicados dixo...

o deus pollo esta matinando a forma de poñer paz a toda esa lea en breve fara un comunicado publico

getxo dixo...

Veña, deus pollo, non nos deixes así, ao pé da gherra!

escéptico dixo...

Alan Moore no era inglés?

Alan Moore, en terceira persoa, dixo...

Si, probablemente, pero está moi por riba da súa triste condición de injlés. O que quero dicir é que non sei o que era, pero si sei o que é agora.

un estudoso dixo...

Ten que ser inglés, porque é fillo de John Moore e pai de Bobby Moore.

outro estudoso disidente dixo...

Ademais é curmán de Alan Ball, un futbolista inglés e tamén de Alan Ball, futbolista internacional por Inglaterra e fillo do anterior, e de Alan Ball, creador de Six Feet Under, e de Alan Ball, xogador de rugbi ianqui e de Allan Ball, porteiro escocés. Así que non queda tan claro.

otro estudioso dixo...

Y descendiente del famoso Sir John Moore, como su hermano gemelo, Michael Moore.

un cidadán con inquietudes dixo...

Desculpen pero, John Moore non era o pai?

un enterao dixo...

Michael Moore é o home de Demi Moore.

angloparlante dixo...

More and more Moores!