(Redacción)
Moito por facer. Esa é a sensación que nos deixa o Torpedo na LPU que vén de rematar. Coa volta de Boban e Dalglish, semellaba recuperar as súas raíces, mais todo foi mal.
O equipo amousou certa seguridade defensiva (impropia deste clube) e pouca calidade para crear e definir ocasións de gol (impropia deste clube). O resultado foi un xogo tosco e aburrido que só a maxia dalgúns xogadores foi quen animar por momentos a bancada. Aquí é xusto mencionar a Stojkovic e a Banks. Do pouco salvable.
O Comité xa expresou a súa fonda preocupación por este estilo de xogo e resultados.
Boniek compareceu para pedir desculpas ao Pobo, tanto pola actuación do Torpedo coma pola súa particular. "Os meus números son unha desfeita, non hai escusas. Traballar máis e planificar ben o próximo draft". E tamén dixo "Se ata parece que collín anos... Vaia unha merda".
Aínda queda a Kunka por xogar, mais a bancada de Zagreb parece desexar que remate a tempada e o clube volte ao seu estilo tradicional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario