sábado, 4 de xaneiro de 2025

O Torpedo precisa un dianteiro

 (Redacción)

 

 O Comité Permanente Para Buscar Un Dianteiro (C.P.P.B.U.D) anda á procura dun 9 para os de Zagreb. A escasa adaptación que está amosando van Nistelrooy non é do agrado do adestrador, Mitea , que esta mañá fixo estas declaracións: "O que está claro é que Klasnic segue sendo o titular. O que veña para ser o seu suplente ten que implicarse un mínimo. Hai que ser profesionais. Non vou dar nomes mais un dianteiro dos Paises Baixos que acaba de chegar anda máis centrado na noite de Zagreb que en adestrar. Que chegou cocido a un encontro!".

 

Mitea, tamén médico do clube, confirmou a información: "Sen dar nomes, este xogador amosaba evidentes síntomas de embriaguez."

 

A rumoroloxía non da tregua. Soan Pelé (Que algún clube o quere engaiolar) ou Drogba, pero o que está claro é que o que veña vai ter que turrar moito para mover a Klasnic do once incial.


Ningún comentario: