venres, 14 de decembro de 2012

Draft + Invocación

Como por fin rematou a temporada xa podemos facer ficha.

Así que, ofrézome eu voluntario para xestionar o Draft.

Temos un par de problemas burocráticos:

A pestana cos balances de rublos desapareceu misteriosamente do arquivo da T28. O  subsecretario calculouna outra vez no arquivo da T27 ("balanzos T29??") mas é preciso que o secretario en persoa revise tal chapuza.

Como xa todos saberedes esta versión é un "truño" e quen vos escribe emigra a Suíza. Así a todo o presidente prohibiume deixar a liga: "TÚ NO PUEDES DEJAR LA LIGA, CHORBO! NO, NO, NO, ESO ES ASÍ. TOTALMENTE!. Hipnotizado polos convincentes argumentos do noso lider, vou tentar continuar desde o exilio.
Para iso pido que durante o tempo que me leve conseguir os medios necesarios me respetades os drafts correspondentes.

Hoxe é venres e para a semana acábase o mundo. Non sei se alguén quer hoxe xuntarse para facer "torneillos de premundialito". Por se acaso eu vos invoco.

Sede:

Altas:
River

Baixas:

8 comentarios:

Anónimo dixo...

Putos clons!

Comandante dixo...

Ola. Eu hoxe teño unha cea así que non poido ir. Por outra banda, se queres levo eu o draft, que andarás liado coa tua emigración e temas así.

Rapajk dixo...

Teño unha cea eu tamén. Non vou.

Diego dixo...

No voy

Rapajk dixo...

Eu estou de vacacións, tamén podería levar o draft.

o que manda amen dos mares dixo...

estarei no ciberespacio se queredes xogar amistosillos online. tamen para o draf e demais menesteres.

getxo dixo...

Desculpade a non resposta de onte. Non lin nada.

Os argumentos son bos, si. A desaparición da pestana é tráxica e inexplicable. Mirareino.

Temos que convocar unha asemblea a ver qué imos facer cos venres. Hai moitos temas a tratar. Aínda que xusto nestas datas me vai regular.

Saúden!

getxo dixo...

Coido que estaba ben, xa vai na folla correcta.