martes, 14 de agosto de 2012

CULPABLE

Camilo Cenlumes; Sierra Maestra.

A dolorosa perda do campionato, no derradeiro segundo, por parte duns Babudos que mereceron máis do conquistado, deu paso a constantes rumores provintes do exterior de Sierra Maestra acerca dunha posible traición por parte dun dos máis lonxevos integrantes do plantel comunista-empresarial. Malia a que ao primeiro dende o clube non se quixo facer valoración algunha ao respecto de ditos rumores, novas informacións obtidas por este xornalista darán, moi seguramente, pé a interpretación por parte do Comandante.
Este avezado investigador acadou a proba definitiva de que Joleon Lescott, lonxe de ser o bo xogador e mellor persoa que todos pensaban é, en realidade, un traidor á patria e ao seu clube. E como vale máis unha imaxe que mil palabras, xulguen vostedes mesmos (non perdan detalle da nova tatuaxe do xa case ex-xogador dos Babudos

Que mágoa que a nosa afición leve tal decepción. Que mágoa que o clube sufra tal traición. Que mágoa que non estea Cocu no plantel pra facer o que xa lle fixo no seu momento a Lineker.

Ningún comentario: