venres, 17 de setembro de 2010

A quen hai que executar??

O venres pasado xogáronse algúns partidos oficiais e nunca máis se soubo. Esta semana ofrécese unha Amnistía ao prea que levou os papeis coas fichas dos partidos porque, co ritmo que levamos ultimamente, que queden dous partidos colgando non supón moito estrés e poden xuntarse cos da vindeira semana.

Agora ben, isto é un Xornal e aos lectores gustaríalles saber como quedaron os seus respectivo equipos antes do primeiro aniversario dos partidos.

Por outra banda e o que é máis importante: para 4 partidos de merda que se podían xogar e nin os xogades? Chegan á secretaría informes presidenciais de que o Pollo non concluiu a fase de grupos da Kopa do ídem, onde tiña que se enfrontar a Torpedo e Asalta por unha praza nas semifinais. Como carallo non se xogou iso e quen cona é o responsable? Ou si se xogou e o Pollo non se entera?

Ai, ai, ai...

SEDE

-

ALTAS

-

BAIXAS

MAG
Pollo
Shakhtar (probable)
Torpedo

.

3 comentarios:

Rapajk dixo...

O Torpedo - Pollo de Kopa do ídem si que se xogou, así coma o de liga.

Visto que hoxe non se vai rematar non vou

Haile Selassie dixo...

1º.- Eu esta semana non vou q estou de festas no meu pueblo.

2º.- Sancion exemplar para o q non publicou os datos, xa que a outros antes si se lles impuxo unha sancion (¡Esse Comunismo!!!)

3º.- O Pollo non se entera!
Eu creo q se xogaron todolos partidos oficias que se podian xogar, agas a kopa que estaba bloqueada polo PUTO xaktar basicamente, creo recordar que xunto co PUTO Ordem foron os que reventaron o único fin de semana no q ceu o pollo.

4º.- Ondiñas veeeeñen
Ondiñas veñen e van
Non te vaias rianjeira......

MAG dixo...

Teño os datos e estou nun balneario. Publicareinos cando me dea a real gana xa que ninguen se acordou de levalos e eu nin sequera tiña partidos oficiais... Ademais de que para que vos xogasedes os vosos partidiños eu levo carrexando plays a pares durante duas semanas dun lado para outro. Ala, que vos dean! (Dende o cariño e o paraiso da tranquilidade)