por Igor Czalic
Trece partidos por desputarse para pechar a X campaña de clubes da WIFA e nin un só campión aínda. Historias para todos os gustos en cada unha das competicións. Pero será o Arraiano de Xinzo, na xornada 22ª, o estadio que concentre máis olladas cando se despute alí o histórico Ordem-Pollo que decidirá o campión da LPU10. Pollo ou Torpedo, Torpedo ou Pollo. Ambos conciliaron xeiras espectaculares con momentos de dúbida ao longo da tempada. Pero son dous grandes equipos, tremendamente igualados nos seus números históricos e case na idiosincrasia. Pertencen ao antigo cuarteto de equipos simpáticos e son, sen dúbida, os máis simpáticos entre os simpáticos. Esta vez un deles deixará esa categoría para sempre. O Pollo debe vencer na Limia para levar o título máximo a Malmö. Calquera outro resultado verá alzar o trofeu ao ceo de Zagreb.
| | | | | | | | | |
| | | X | G | E | P | F | C | P | D |
| 1 | Torpedo Zagreb | 18 | 10 | 5 | 3 | 38 | 20 | 35 | 18 |
| 2 | CG Fillos do Rif | 18 | 10 | 5 | 3 | 30 | 17 | 35 | 13 |
| 3 | Pollo FC | 17 | 10 | 4 | 3 | 33 | 21 | 34 | 12 |
| 4 | Shakhtar de Montreal | 18 | 9 | 4 | 5 | 40 | 27 | 31 | 13 |
| 5 | Análisis Matemático | 16 | 5 | 6 | 5 | 26 | 24 | 21 | 2 |
| 6 | Túzaros de Reiquiabic | 15 | 6 | 2 | 7 | 24 | 25 | 20 | -1 |
| 7 | Asaltacunas FC | 14 | 5 | 3 | 6 | 27 | 20 | 18 | 7 |
| 8 | Monte Alto Gunners | 18 | 3 | 4 | 11 | 16 | 34 | 13 | -18 |
| 9 | Babudos FC | 18 | 2 | 7 | 9 | 14 | 42 | 13 | -28 |
| 10 | Ordem e Progresso | 14 | 1 | 4 | 9 | 9 | 27 | 7 | -18 |
| 11 | Partisano Clash | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
| | | | | | | | | |
E como é que anda a xente de pasta?
| | | | |
| | Plant | Caixa | Cx. Fin. | Result. |
| Shakhtar | 149 | 5,0 | 3,0 | 152,0 |
| Clash | 151 | 0,0 | 0,0 | 151,0 |
| Rif | 145 | 5,5 | 2,5 | 147,5 |
| Tuzaros | 144 | 4,5 | 2,0 | 146,0 |
| Torpedo | 142 | 2,0 | 2,0 | 144,0 |
| Pollo | 136 | 7,5 | 7,5 | 143,5 |
| Asalta | 135 | -1,5 | -1,5 | 133,5 |
| Análisis | 132 | 1,0 | 1,0 | 133,0 |
| MAG | 132 | -3,0 | 1,0 | 133,0 |
| Babudos | 136 | -4,0 | -4,0 | 132,0 |
| Ordem | 129 | -7,5 | 1,0 | 130,0 |
| 5,0 | que é o resultado das compensacións aplicadas ao sistema |
| 10,5 | que é o resultado do sistema durante a tempada |
| | sen contar canteiráns nin perdas nos roubos |
| | | | |
As Kopas
Na Kopa, o Shakhtar agarda un duro rival para a súa 7ª final desta competición, onde procurará o seu 4º título. Os contendentes da semifinal pendente son nada menos que o Rif, aínda actual campión da LPU e que ven de completar outra exelente tempada en liga, e o Asaltacunas, dúas veces campión do torneo e o único equipo que ten balanzo positivo en eliminatorias kopeiras contra os noqueadores de Montreal (3-0, nada menos).
Na Kopa do Pollo, Análisis e Ordem deben dirimir a 4ª praza de semifinalista para confrontar ao Torpedo en semifinais. A outra desputarana Tuzaros e MAG. De todos estes equipos, só Análisis Matemático coñece o que é erguer un título de campión nalgunha das competicións, o que engade máis interese, se cabe, a este espectacular torneo.
PRIMEIRO MUNDIAL PARA A REPÚBLICA DE COREA
A viaxe de Selassie arredor do mundo vai deixando títulos mundiais polos lugares máis recónditos. Desta volta, no mundial de quen sabe que data, o éxito foi para unha Corea que comezou dubitativa ante a sempre tecnolóxica Xapón e a icebergiana Finlandia de Alan Moore. Os fineses superaron sen problemas esta primeira fase só para caer por sorpresa ante a solideza dos belgas, que se adiantaron na semifinal cun gol de Pireroni aos dous minutos e despois xa non concederon opcións aos nórdicos; nin o propio Eremenko Jr. foi quen de modificar o resultado. E como chegou até aquí a Bélxica rebelde? Superando á desacertada Australia de Mswati III e a unha Bugaria pollil, que cedeu as súas opcións ao título por alineación indebida ou incomparecencia, escollan vostedes mesmos. No entanto, a Noruega de Sir Nigel de Wendenal arrasou o grupo sen demasiados remorsos, amarrada a Carew, pero logo caeu ante unha endiañada e transformada Corea por 4-0 nas semifinais. Nomes para a lembranza, os de Kim Dong Jin ou Cho Jae Jin, entre outros. A final foi outro recital de Corea, que despois dunha discreta fase de grupos acadaba outro 4-0 na final ante os valentes belgas, gañando por dereito o título da "Italia de Oriente". O máximo goleador e "Jarni" do torneo foi o John Carew, con 5 tantos. E os "Asanovic", con dúas asistencias, foron Kim Dong Jin, Jeon Ki Hoon e Martin Petrov. Fermoso torneo, que ademais deu a oportunidade a Park Ji Sung de erguer o único título oficial da WIFA que non tiña aínda no palmarés.
.
3 comentarios:
BUeno, pues esto me rompe un poco los esquemas. En el último recuento de rublos el más barato, el Ordem, valía 131. Ahora parece que vale 129. Ha bajado de valor? Es esto posible o es que hay un error en alguna de las cifras?
No, error mío, había contado un rublo extra. Bueno, a ver si acabamos de una vez para poder hacer las cuentas definitivas.
O Ordem vale 130 e non vai baixar nin subir de aí. Aceptando que ninguén baixe até o seu valor antes de final de tempada, rematará como equipo máis barato e en 130.
O Shakhtar é o equipo máis caro e está en 152. Non vai baixar, pero podería chegar a 152,5 se gaña a final da Kopa. En calquera caso deberá dar un rublo ao Ordem (ou pode que 1 e medio, ou un ao Ordem e medio a outro). En todo caso, o Ordem finalizará o axuste con 131 rublos se non acontece nada estraño ou impredicible.
Así que creo que o Gloria voltará á LPU cun plantel de 131 rublos.
Publicar un comentario