luns, 27 de abril de 2009

O futuro de Iaquinta, no ar

(Redacción)

O 'quiller' do Torpedo ó longo da primeira volta, Vincenzo Iaquinta, ve como o seu futuro no equipo de Zagreb estase a esvaecer. A Redacción, que non quere interferir nas decisións do clube, só lles fai chegar a vostedes os comentarios que se escoitaron no estadio do Pobo ó rematar os últimos encontros desputados.

- Leva tres partidos sen chuzar en liga, xa estamos outra vez igual.

- E para iso se gastaron rublos? Mellor xogamos con dez, que total...

- Debería darlle vergoña, e iso que parecía boa xente.

- Con Vladic non pasaban estas cousas...

- Non será un espía capitalista? Ten carné do Partido? Seguro?

- O que precisa o equipo é fichar un dianteiro centro urxentemente.

- E aínda menos mal que temos a Banks.

- Que imos de líderes? Iso non é excusa para non botalo!!

Non entramos a valorar as decisións do corpo técnico, eles verán, máis o descontento medra entre os siareiros; ninguén vai facer nada??

8 comentarios:

un siareiro con carné dixo...

Que volte Puskas!

outro seguidor fiel do torpedo dixo...

Queremos que volte Kanoute!

fabianski dixo...

Que volte Gabor!!

un seguidor leal dixo...

Que volte Kenny!

Boniek dixo...

Que volte Dzajic!

johan dixo...

Ficha a Raul, Puto Madrif!

Ballack dixo...

Quero voltar!

Maksim Shatskikh dixo...

Non. O mellor plan é que volte eu. Con Luca Toni.